¡Activa las notificaciones laborales por email!

Administrador / A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_Posibilidad Teletrabajo 100%

Dinahosting S.L.

Barcelona

A distancia

EUR 25.000 - 45.000

Jornada completa

Hace 30+ días

Mejora tus posibilidades de llegar a la entrevista

Elabora un currículum adaptado a la vacante para tener más posibilidades de triunfar.

Descripción de la vacante

Una empresa innovadora busca un administrador de sistemas Windows para un puesto temporal. Esta emocionante oportunidad incluye la administración de infraestructura de sistemas, virtualización y bases de datos, así como la automatización de procesos. Buscamos a alguien con experiencia que pueda adaptarse rápidamente y contribuir a un equipo que utiliza metodologías ágiles como Scrum. Además, se ofrece flexibilidad en el trabajo y beneficios sociales atractivos, lo que hace de esta una excelente oportunidad para quienes buscan un entorno dinámico y colaborativo.

Servicios

Elección libre de vacacións
Bolsa de formación subvencionada ao 100 %
Axudas para o pagamento de garderías

Formación

  • Experiencia en administración de sistemas Windows y virtualización.
  • Capacidad para automatizar configuraciones y procesos.

Responsabilidades

  • Investigar y diseñar soluciones en equipo.
  • Administrar sistemas en infraestructura propia y de clientes.

Conocimientos

Administración de sistemas Windows
Automatización de procesos
Conocimientos de Linux
Seguridad informática
Metodologías ágiles (Scrum)

Educación

Certificación en Microsoft Windows Server

Herramientas

Hyper-V
MySQL
SQL Server

Descripción del empleo

Buscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting.

Dado que o posto é temporal, buscamos persoal con certa experiencia para a súa rápida adaptación. Non precisamos unha titulación específica, pero toda formación ou certificación relacionada con Microsoft Windows Server valorarase positivamente.

Administrador ou administradora para a nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualización como Hyper-V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicación como son HTTP, POP3 e SMTP.

Para nós é moi importante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracións e procesos sobre ditos sistemas. Coñecementos sobre sistemas Linux e seguridade son aspectos importantes a valorar. Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum.

Responsabilidades:
  • Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.
  • Desenvolvendo tarefas de administración de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo.
  • Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir.

E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.

A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falla.

Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum.

Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible.

A túa xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estarás unha semana de mañá de 7:00 a 15:00 e para a seguinte semana será de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso.

Neste posto requírese dispoñibilidade para gardas, despois do turno de tarde e fins de semana o administrador ou administradora permanecerá pendente do teléfono para resolver incidencias que poidan afectar á nosa infraestrutura.

Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.

As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!

Salario según convenio propio.

Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais :

  • Elección libre de vacacións : coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras
  • Bolsa de formación subvencionada ao 100 %
  • Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores

En dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente.

Estas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados.

Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN. Somos partners de marcas tan recoñecidas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco ou VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis fiable a nivel mundial.

O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós : un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas : galego, castelán, catalán, inglés e portugués.

Ao inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros. Podes revocar o teu consentimento, así como exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e outros dereitos mediante comunicación escrita, dirixida ao noso departamento de Recursos Humanos, en Rúa das Salvadas, nº 41, Baixo-15705, Santiago de Compostela ou na dirección

  • Para máis información, consulta a nosa política de privacidade en .
Consigue la evaluación confidencial y gratuita de tu currículum.
o arrastra un archivo en formato PDF, DOC, DOCX, ODT o PAGES de hasta 5 MB.