Tes unha paixón por axudar a nenos, nenas e persoas mozas? Queres formar parte dunha organización que loita por que ningún rapaz ou rapaza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social? Se a resposta é si, queremos coñecerte!
Sobre nós: Desde o ano 2001, máis de 25.000 mozos e mozas recibiron o noso apoio. En Galicia, máis de 80.000 nenas, nenos e mozos necesitan axuda. Traballamos cada día para que todos eles poidan:
Medrar nun clima seguro e protector.
Recibir unha educación de calidade e en condicións de equidade.
Ter oportunidades para formarse e desenvolver o seu potencial.
Acceder a un futuro profesional que lles permita converterse na persoa que desexan ser.
O que buscamos: Estamos á procura dunha psicóloga comprometida e con experiencia no ámbito da infancia e mocidade, para unirse ao noso equipo e contribuír a garantir o benestar emocional e psicolóxico dos nenos e mozos cos que traballamos.
Funcións:
- Intervención terapéutica coas personas destino.
- Colaborando con el equipo en la valoración, evaluación, proceso y planificación de la intervención de los niños, niñas y adolescentes, así como la valoración, mediación e intervención con sus familias.
- Emisión de informes y traslado de información
- Intervención grupal, establecemento de acción de intervención grupal establecidas pola organización de cara ao cumprimento de obxectivos.
- Formación, xerar e crear contidos de formación (interna e externa) sobre temas relacionados coa intervención terapéutica, vínculo o componentes terapéuticos incorporados que podan mellorar o cumprimento da nosa misión por medio de formación a actores ou grupos de interese de especial relevancia.
Requisitos:
- Título en Psicoloxía e colexiación en regra.
- Título Máster en Psicología General Sanitaria o especialidad en Psicología Clínica.
- Experiencia previa traballando con nenas, nenos e mozas en situación de vulnerabilidade.
- Habilidades de comunicación, empatía e capacidade para traballar en equipo.
- Compromiso coa misión e valores da nosa organización.
- Permiso de conducción tipo B
- Coñecementos informáticos a nivel de usuario do paquete Microsoft office e Outlook e manexo do CRM.
O que ofrecemos:
- Un ambiente de traballo colaborativo e enriquecedor.
- Oportunidade de facer unha diferenza real na vida de milleiros de nenas, nenos e mozos en Galicia.
- Condicións laborais acordes á experiencia e formación.
- Se estás interesada en sumarte ao noso equipo e contribuír a crear un futuro mellor para a mocidade galega, envíanos o teu currículum e unha carta de presentación explicando por que es a persoa ideal para este posto.