Warehouse Operator

Solo para miembros registrados
Córdoba
EUR 18.000 - 26.000
Descripción del empleo

En Casa Grande de Xanceda buscamos unha persoa aventureira para incorporarse ao equipo do almacén loxístico en Ledoño. Somos unha granxa láctea ecolóxica e precisamos a alguén que teña simpatía, responsabilidade e que compartan os nosos valores. É moi importante ser amante dos animais e da natureza.

Dependendo do responsable de Expedición, a xornada é completa e a incorporación é inmediata.

Funcións:

Este posto require unha persoa para o almacén de expedición de produtos alimentarios con as seguintes funcións:

  • Preparación de pedidos
  • Carga e descarga de mercancía nas diferentes ubicacións con carretilla elevadora, traspaleta eléctrica e manual
  • Ser unha persoa meticulosa e áxil
  • Desexable formación en manexo de carretilla elevadora e traspaletas eléctricas, así como experiencia en almacén refrixerado
  • Ter facilidade na resolución de problemas e adaptarse a novas situacións
  • Boa planificación e organización
  • Compromiso: buscamos unha persoa que queira quedar con nós a longo prazo
  • Empatía: temos un bo ambiente de traballo e bo rollo no equipo
  • Proactividade: valoramos as persoas que pensan con iniciativa propia

Formarás parte dun proxecto estable, recibirás formación integral por parte da empresa e desfrutarás dun bo ambiente de traballo.