Toxo Telecom somos unha operadora de telecomunicacións galega que ofrece servizos de telefonía móbil, fibra óptica, televisión, enerxía y seguridade.
Formamos parte do Grup Parlem , un conxunto de empresas nacido en Cataluña que proporciona servizos de telecomunicacións e aspira a dar servizo aos seus clientes en calquera recuncho do mundo. Os nosos valores son a proximidade, a calidade do servizo e a excelencia na atención ao cliente.
Actualmente, buscamos a un / a Key Account Manager que será a persoa responsable de ampliar e fidelizar a rede de distribuidores de Toxo en Galicia e zona norte peninsular garantindo os obxectivos de vendas do canal, reportando ao responsable de vendas territorial.
Ofrecemos un ambiente de traballo xuvenil e dinámico, e festa o día do teu aniversario.